Revolta e o CEL Coruña
decidimos secundar dunha maneira crítica a folga convocada en todo o
Estado español polo Sindicato de Estudantes para os días 26 e 27 de
marzo e acudimos á manifestación da Coruña que tivo lugar ás
12:00h na Praza da Palloza o día 27 de marzo.
Non consideramos esta
folga tal e como está plantexada nin un avance nin unha ferramenta de
loita para a clase obreira senón como un elemento desmobilizador.
Desmobilizadora como as múltiples folgas convocadas polo SdE nas que
non se ten en conta ao estudantado e nas que non se logra nada máis
que dar un paseo, minando a moral dos que acuden a estas
manifestacións. Tamén queremos sinalar que todo aquel que non fai o
que o SE ordena nas súas manifestacións debe aterse ás
consecuencias, como ser expulsado da manifestación (algo que lle ocorreu á CNT en Madrid o 27 de marzo de 2014) ou que chamen á
policía se a xente decide pasar á acción (como en Vigo na folga do
20 de novembro de 2013).
O SdE é unha organización
cunha estrutura totalmente vertical e que percibe decenas de miles de
euros en subvencións por parte do Estado español, curiosa forma de
combater ao Estado e de ser revolucionario a do SdE. Tanto pola súa
ideoloxía reformista como por estes lazos, o SdE non ten ningunha
intención de suplantar o sistema de explotación capitalista,
sistema que só poderá superarse mediante o estalido revolucionario.
Na pasada manifestación
do día 27 berramos alto e claro o que é o Sindicato de Estudantes
con consignas como: “Sindicato do Estado, mercenarios e chivatos”.
POR UN MOVEMENTO
ESTUDANTIL COMBATIVO E DE CLASE!