A medida que crecen as desigualdades e
os ataques da burguesía contra a clase traballadora, aumenta a
represión do Estado. As detencións de activistas e as cargas
policiais suceden cada semana co obxetivo de que cunda o medo,
desmovilizar e criminalizar.
O 'Comando
Insurrecionalista Mateo Morral' coas
bombas na Catedral da Almudena e na Basílica do Pilar de Zaragoza
xunto con comunicados repletos de estereotipos e sen ningunha
análise da conxuntura e falta de probas; o caso dos 5
anarquistas de Barcelona,
xa en libertade despois de máis de
100 días en réximen FIES por 'pertenza a grupo terrorista,
enaltecemento do terrorismo, captación e adoctrinamento e depósito
de substancias explosivas' aos que lles incautaron bandeiras e
camisetas con iconografía anarquista, libros de filosofía
libertaria, gasolina no garaxe, parafusos de diversas clases, tracas
valencianas e cohetes de comercialización legal;
o de Alfon, detido
o 14N en Vallecas e en libertade despois de 40 días en FIES acusado
de pertenza de explosivos ainda que estes non tiveran as súas
pegadas dixitáis; a detención
de 19 persoas en Madrid
ás que se lles imputa 'lesións, danos e delitos contra o exercicio
dos dereitos fundamentais e libertades, con agravante de odio' polo
suposto asalto á sede Foro Francisco de Victoria na facultade de
Dereito da Complutense o 20 de novembro e a carga policial e a
posterior detención de 11
compañeiros
na concentración que se fixo en Moratalaz en solidariedade; ou o
arresto en Sevilla de 7
compañeiros
por participar nunha contramanifestación contra a organización
Respuesta Estudiantil son algúns exemplos da represión que se está
a vivir. Todo isto é mostrado polos medios burgueses terxiversando,
censurando e manipulando.
A isto súmase o anteproxecto da
coñecida como 'Lei Mordaza', a cal endurece os castigos co único
fin de meter medo á clase traballadora agora que aumenta a raiba e
comeza a organizarse ('Guía práctica para manifestantes bajo la nueva Ley de Seguridad Ciudadana'). Faise moi importante esta organizón xa que así
somos máis fortes e é máis dificil derrubarnos.
POR TODOS ESTES MOTIVOS CHAMAMOS Á
SOLIDARIEDADE, Á COMBATIVIDADE E A SEGUIR ADIANTE NA LOITA POLO QUE
É NOSO.
NON A REPRESIÓN! LIBERDADE PRESXS
POLÍTICXS!